Sunday 28 de April de 2024

Avanza o arranxo da ponte sobre o río Beseño, no Concello de Touro, derrubada en xaneiro polas crecidas


Avanza o arranxo da ponte que foi derrubada polas crecidas dos ríos do pasado inverno e que está situada na estrada que une Castelo, na parroquia de Andeade, con Santiso, en Cornado, no Concello de Touro. Estará reparada e lista para que circulen turismos, vehículos agrícolas e peatóns a longo do próximo mes de xullo, segundo as previsións da empresa encargada das obras. Os traballos, que corren a cargo da constructora Oviga, estánse desenvolvendo durante todo este mes.
Dende xaneiro o paso por este punto está cortado. A ponte sobre o río Beseño, polo efecto das crecidas do inverno, presentou en xaneiro un amplo buraco no centro da estrada sobre a que sustenta a ponte. Esta estrada de titularidade municipal é de moita circulación viaria. Comunica as parroquias de Santiso e Calvos con Fonte Díaz, capital do Concello e é a estrada para que esta zona do Concello de Touro acceda a outras vías de comunicación. Os veciños tiveron nestes últimos meses que utilizar estradas alternativas. Agora as máquinas xa están traballando sobre o terreo para que nas próximas semanas a ponte esté xa lista para recibir o paso de vehículos e peatóns.